3/5/12

UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA


Texto e ilustracións: ERIC CARLE

Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla.

 Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar: PLOP!..., do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira. 

 Como tiña fame buscou algo para comer.

 O luns rillou nunha mazá, pero aínda quedou con fame.

 O martes rillou en dúas peras, pero aínda quedou con fame.

 O mércores rillou en tres ameixas, pero aínda quedou con fame.

 O xoves rillou en catro amorodos, pero aínda quedou con fame.

 O venres rillou en cinco laranxas, pero aínda quedou con fame.

 O sábado rillou nun anaco de tarta de chocolate, nun xeado de cucurucho, nun cogombro, nun cacho de queixo suízo, nunha rebanda de salchichón, nunha piruleta, nunha porción de pastel de cereixas, nunha salchicha, nunha madalena, e nunha tallada de sandía. 

Pola noite, pegoulle unha forte dor de barriga!

 Ao día seguinte era outra vez domingo. A eiruga rillou nunha saborosa folla verde, e sentiuse moito mellor.

 Xa non tiña fame, e tampouco era pequena. Agora era unha eiruga grande e gordecha. 

Teceu un casulo ao seu redou e ficou dentro máis de dúas semanas. Despois furou o casulo, saíu polo burato e... ...apareceu convertida nunha fermosa bolboreta. 

 


1 comentario:

Teachers dijo...

Encántame este conto de Eric Carle e aos nenos tamén... seguro que o pasan xenial e aprenden un montón coas actividades do LIM. Xa me tarda ver o que pasa con esos vermiños de seda que tedes na clase!
Biquiños da "teacher"